Presentación

Dámosvos a benvida á web da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra, centro público adscrito á Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra. A páxina web é, ante todo e grazas ao traballo cotiá do profesorado e do persoal de administración e servizos, o instrumento que pon á disposición de todos os grupos de interese a información máis relevante sobre as actividades do centro e as titulacións que se imparten nel.

A Enfermería como ciencia da saúde ten por obxecto o estudo do coidado integral do ser humano. O título de Grao en Enfermería ten una duración oficial de 4 anos. Está integrado na rama de Ciencias da Saúde e capacita para o exercicio da profesión regulada de enfermería formando profesionais cunha preparación científica e humana necesaria para atender as necesidades de saúde e coidados das persoas sas ou enfermas ao longo da súa vida, das familias e da comunidade nos distintos niveis de atención sanitaria.